Feeds:
Entradas
Comentarios

Archive for the ‘Esgos’ Category

Din que pode ser a igrexa máis antiga de Galicia. O mosteiro e eremitorio de San Pedro de Rochas posúe un carácter especial entre todo o patrimonio galego. Por un lado, a súa orixe remontase aos inicios do cristianismo e da vida monástica en Galicia. Por outra parte, resulta orixinalmente integrado no seu entorno, ao servirse dunha montaña como elemento condicionante de toda a súa estrutura.

Dicen que puede ser la iglesia más antigua de Galicia. El monasterio y eremitorio de San Pedro de Rochas posee un carácter especial entre todo el patrimonio gallego. Por un lado, su origen se remonta a los inicios del cristianismo y de la vida monástica en Galicia. Por otra parte, resulta originalmente integrado en su entorno, al servirse de una montaña como elemento condicionante de toda su estructura.

O mosteiro data do año 573 e aparece estreitamente relacionado ao evanxelizador da época sueva San Martiño Dumiense. Por tanto, foi un dos primeiros da ‘Rivoyra Sacrata’ e é moi probablemente o máis antigo conservado de Galicia e un dos de Europa. En 1923 foi declarado monumento histórico-artístico.

El monasterio data del año 573 y aparece estrechamente relacionado al evangelizador de la época sueva San Martiño Dumiense. Por lo tanto, fue uno de los primeros de la ‘Rivoyra Sacrata’ y es muy probablemente el más antiguo conservado de Galicia y uno de los de Europa. En 1923 fue declarado monumento histórico-artístico.

O singular conxunto de S. Pedro de Rochas consta de tres naves escavadas no interior dunha descomunal rocha do Monte Barbeirón. Pénsase tamén que a situación das tres naves no interior da xigantesca pedra resultou do aproveitamento de covas xa poboadas na antigüidade.

El singular conjunto de S. Pedro de Rochas consta de tres naves excavadas en el interior de una descomunal roca del Monte Barbeirón. Se piensa también que la situación de las tres naves en el interior de la gigantesca piedra resultó del aprovechamiento de cuevas ya pobladas en la antigüedad.

Características de notable orixinalidade son o seu campanario situado sobre unha pena exterior ou os seus arcos labrados nos mesmos muros. De valor incalculable son as súas representacións paleocristianas da Diáspora Apostólica e os seus famosos sarcófagos de forma antropoide, escavados na mesma rocha que serve de planta á edificación.

Características de notable originalidad es su campanario situado sobre una peña exterior o sus arcos labrados en los mismos muros. De valor incalculable son suyas representaciones paleocristianas de la Diáspora Apostólica y sus famosos sarcófagos de forma antropoide, escavados en la misma roca que sirve de planta a la edificación.

Fonte de San Bieito, para as espullas. Fuente de San Benito, para las verrugas. 

Ao lado do mosteiro podemos atopar o Centro de Interpretación da Ribeira Sacra, onde se pode ver o que podería ser a cela dun mosteiro no lugar a mediados do século XVII.

Al lado del monasterio podemos encontrar el Centro de Interpretación de la Ribeira Sacrada, donde se puede ver lo que podría ser la reproducción de un monasterio en el lugar a mediados del siglo XVII.

Fonte do texto: ribeirasacra.org

Read Full Post »