Feeds:
Entradas
Comentarios

Archive for the ‘Parada de Sil’ Category

Panorámica da Ribeira Sacra dende o Mirador de Cabezoá (Parada de Sil) ou Mirador da Columna. Lástima da torre de alta tensión 😦 Pinchar sobre a imaxe para vela en grande.

Panorámica de la Ribiera Sacra dende el Mirador de Cabezoá (Parada de Sil) o Mirador de la Columna. Lástima de la torre de alta tensión 😦 Pinchar sobre la imagen para verla en grande

Anuncios

Read Full Post »

O mosteiro beneditino de Santa Cristina de Ribas de Sil, encravado nunha espectacular e grandiosa paraxe á beira do río Sil, no castañal de Merilán, por debaixo do monte Varona, constitúe un dos grandes encantos monumentais e espirituais da Ribeira Sacra, de máximo interese dende o punto de vista artístico e arquitectónico.

El monasterio beneditino de Santa Cristina de Ribas de Sil, enclavado en un espectacular y grandioso paraje al lado del río Sil, en el castañar de Merilán, por debajo del monte Varona, constituye uno de los grandes encantos monumentales y espirituales de la Ribera Sacra, de máximo interés desde el punto de vista artístico y arquitectónico.

As orixes da comunidade monástica de Santa Cristina son imprecisas. Como noutros centros monásticos fundados ao abeiro das encaixadas ribeiras do curso final do río Sil, salpicadas de restos de antigos asentamentos relixiosos de carácter ascético, posiblemente foi considerado inicialmente como un centro eremítico, transformándose posteriormente nun cenobio.

Los orígenes de la comunidad monástica de Santa Cristina son imprecisos. Como en otros centros monásticos fundados al amparo de las encajadas riberas del curso final del río Sil, salpicadas de restos de antiguos asentamientos religiosos de carácter ascético, posiblemente fue considerado inicialmente como un centro eremítico, transformándose posteriormente en un cenobio.

Aínda que non perviva ningún vestixio arquitectónico ou epigráfico do edificio orixinal, quedan testemuños certos da presenza do mosteiro en época prerrománica, datando as primeiras mencións documentais de finais do século X.

Aunque no perviva ningún vestigio arquitectónico o epigráfico del edificio original, quedan testimonios ciertos de la presencia del monasterio en época prerrománica, datando las primeras menciones documentales de finales del siglo X.

Co transcurso da Historia, e despois de séculos de decadencia, en 1508 o mosteiro de Santa Cristina pasa a depender, en calidade de priorado, do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, circunstancia determinante do seu declive, que será definitivo no século XIX coa Desamortización e o seu paso ás mans de particulares que o destinan a granxa de labor.

Con el transcurso de la Historia, y después de siglos de decadencia, en 1508 el monasterio de Santa Cristina pasa a depender, en calidad de priorato, del monasterio de Santo Estevo de Ribas de Sil, circunstancia determinante de su declive, que será definitivo en el siglo XIX con la Desamortización y su paso a manos de particulares que lo destinan la granja de cometido.

A fábrica monástica de Santa Cristina de Ribas de Sil está formada polo templo románico e unha serie de dependencias distribuídas en dous
corredores cubertos. A igrexa do mosteiro, representativa da evolución dás tendencias e cambios estilísticos que se dan cita nos últimos anos do século XII e principios do século XIII, constitúe un magnífico expoñente do esplendor arquitectónico do románico galego e da importancia do labor escultórico dos mestres medievais que traballaron na súa fábrica.

La fábrica monástica de Santa Cristina de Ribas de Sil está formada por el templo románico y una serie de dependencias distribuidas en dos corredores cubiertos. La iglesia del monasterio, representativa de la evolución das tendencias y cambios estilísticos que si dan cita en los últimos años del siglo XII y principios del siglo XIII, constituye un magnífico exponente del esplendor arquitectónico del románico gallego y de la importancia del cometido escultórico de los maestros medievales que trabajaron en su fábrica.

Pénsase que a súa primeira fundación puido estar relacionada co evanxelizador dos Suevos San Martiño Dumiense, aínda que o actual mosteiro data d século IX. No seu esplendor, recibiu os favores de reis galegos como Fernando II e Afonso VII e chegou a posuír terras na outra ribeira do Sil, en Monforte e O Saviñao. Despois de diferentes bulas papais que reformaron a igrexa galega quedou reducido a simple priorato e decaeu ata a súa recente potenciación como destino turístico.

Se piensa que su primera fundación pudo estar relacionada con el evangelizador de los Suevos San Martiño Dumiense, aunque el actual monasterio data del siglo IX. En su esplendor, recibió los favores de reyes gallegos como Fernando II y Alfonso VII y llegó a poseer tierras en el otro margen del Sil, en Monforte y O Saviñao. Después de diferentes bulas papales que reformaron la iglesia gallega quedó reducido a simple priorato y decayó hasta su reciente potenciación como destino turístico.

Fonte do texto: paradadesil.es

Read Full Post »