Feeds:
Entradas
Comentarios

Archive for the ‘Cariño’ Category

Read Full Post »

Situado no Concello de Cariño, o Cabo Ortegal. O lugar converte ao municipio no único de España con dous mares, xa que aquí conflúen o oceáno Atlántico e o mar Cantábrico.

Fronte ao faro atopamos os Tres Aguillóns, tres penedos afiados que desafían a bravura do mar e que foron citados xa polo grego Ptolomeo co nome de Trileuco, o que vén a significar «Os Tres Brancos» (seguramente pola escuma que rodean aos illotes de pedra).

Se miramos cara ao Atlántico veremos impresionantes acantilados. A cota máxima sobre o nivel do mar está a  613 metros e establécea Vixía Herbeira. Trátase do acantilado máis alto e impresionante, non só de España, senón tamén do sur e do centro de Europa. Só o superan algúns fiordos noruegueses.

Localización:

Read Full Post »