Feeds:
Entradas
Comentarios

Este ano vin un cartel na rúa de que en Boedo, unha pequena parroquia de Culleredo, facían unha cigalada. Estiven mirando por internet, por curiosidade, e vin que xa era a 10ª edición. Polo visto, antes facían unha churrascada, pero como é algo máis típico, decidiron cambialo por alog máis orixinal: unha cigalada.

O caso é que o prezo pareceume razoable. Outros anos eran 11€ a ración, con 11 cigalas. E este ano pasaron a 12€, con pan e viño (lástima que non beba alcol).

Comezaba a iso das 20.30 horas, pero nós debemos chegar unha máis tarde. Aínda era de día, e era cedo. Malo fora que non acabásemos rápido. Pero o meu gozo nun pozo. Había unha cola enorme para coller tickets. Aquí podedes ver a imaxe cando levábamos media hora agardando e aínda nos quedaba outra media hora para rematar esa cola.

DSC_0605

Porque había dúas colas: unha para coller tickets e outra para a comida. E a dos tickets era a pequena😥

Diante nosa había dúas parellas que se cansaron de esperar e se marcharon antes de coller os tickets. Nós despois de agardar media hora, decidimos seguir agardando. Como a maioría dos que alí estábamos. Había 900 quilos de cigalas e o único medo que tiña é que non chegasen para nós cando nos tocase o noso turno.

Sorprendentemente, ao pouco de comprarmos a papeleta que permitía coller a ración, acabáronselles os tickets. Xusto como 6 ou 7 persoas detrás nosa. E a cola de xente que había aínda era boa. 10 minutos despois vimos que volvían vender tickets. Polo visto, o ano pasado sobráranlles e reutilizáronos para este ano. É dicir, que todo o mundo na redonda se puxo de acordo para ir ese día a Boedo, nós incluídos, jeje

O caso é que chegamos alí ás 21.30 aproximadamente, rematamos unha cola e puxémonos na outra. Entre mentres, como xa nos deran o pan, fómoslle metendo o dente, porque xa había fame. A cola transcorría ao longo de todo o campo da festa, que está debaixo dunha ponte da liña do tren que une A Coruña con Santiago.

A iso das 23.00 horas, comezaba a tocar a orquestra Manila, así que a espera se fixo un pouco máis levadeira.

Ás 00.00 horas a fame xa era negra, pero xa estabamos moi pretiño. O cheiro das cigalas era intenso e podiamos ver a todo o mundo traballando arreo.

DSC_0606

E si, aínda que pareza mentira, usaban leña para prepara as cigalas.

DSC_0607

Ao final había unha carpa para poder comer e a comisión de festas non paraba. Ata tiñan unha mesa xiratoria na que poñía pratos e pratos de cigalas e así poder axilizar as comandas.

DSC_0609

E tras 2.35 horas de espera, aquí tedes o resultado: dúas racións de cigalas de campionato. Hai que dicir que estaban moi boas. Algo salgadas para o meu gusto, pero moi boas. E coa fame que había, entraron que dou gusto🙂

DSC_0610

Praia de Doniños

Unha das mellores praias de Galicia está en Ferrol, é a praia de Ferrol.

Doninhos

Segundo podemos ver en Turgalicia, a ponte do Ruso data do ano 1746. É unha estrutura realizada en granito e ten un único arco de medio de punto de 11,5 metros de longo. Dende a súa clave ata o leito do río e posúe unha altura de 5,5 metros e serve para cruzar o río Tines, no lugar dos Muíños (parroquia de San Ourente).

ponte do ruso

Mosteiro Carboeiro Silleda

toxa carboeiro 033

toxa carboeiro 067

toxa carboeiro 085

toxa carboeiro 087

toxa carboeiro 088

toxa carboeiro 101

toxa carboeiro 094

Na parroquia de Arcos, no concello de Mazaricos, celébrase un entroido moi peculiar. De feito, nin sequera se celebra todos os anos, senón cada certo tempo, para non perder a tradición nin chegar a aburrir. Non obstante, é un dos máis pintorescos de Galicia.

entroido_arcos

entroido_arcos (2)

Estas fotos están sacadas no entroido de 2012, e levaba sen celebrarse o evento dende o 2006, así que é algo pouco común e un verdadeiro privilexio ter asistido, onde participa un montón de xente. De feito, desprázanse dun lado a outro en autobús.

entroido_arcos (3)

Como recollía La Voz de Galicia, “o entroido de Arcos ten a particularidade de que está formado por tres grupos de personaxes: o Exército dos Panos, o Coro dos Vellos e o Coro dos Cegos”.

entroido_arcos (4)

entroido_arcos (5)

entroido_arcos (6)

entroido_arcos (7)

entroido_arcos (8)

entroido_arcos (9)

entroido_arcos (10)

O exército, como ben vedes, é o grupo máis numeroso, e tamén o único que desfila amosando a súa cara. O xornal coruñés explicaba que “os integrantes levaban os ombreiros e os antebrazos cubertos por panos, e a cabeza, por un vistoso sombreiro adornado con prumas e pequenas xoias”.

entroido_arcos (11)

entroido_arcos (12)

Presidindo o exército, vai un abandeirado que anuncia en cada aldea que chega toda a comparsa. Despois vai o xeneral, a Garda Civil e o resto do exército. O que fan é ir casa por casa e pedir algo, ao tempo que desfilan e realizan o seu ritual-baile.

entroido_arcos (13)

Despois están os vellos, que son os que van coa cara tapada e son a parte máis cómica, xa que cantan, bailan e se meten coa xente (dou boa fe, porque mesmo pararon un coche pola estrada, lle abriron as portas e o maleteiro, para sorpresa dos ocupantes).

Os cegos son os que cantan as coplas, cantar o acontecido durante o ano e tamén pedir esmola.

entroido_arcos (14)

entroido_arcos (15)

Outra parte do grupo o que fai é representar profesionais, como agricultor, médico, fotógrafo, veterianario…

entroido_arcos (16)

entroido_arcos (17)

entroido_arcos (18)

entroido_arcos (19)

entroido_arcos (20)

entroido_arcos (21)

entroido_arcos (22)

entroido_arcos (23)

Islas Ons Illas Ons

iroite-ons 061

iroite-ons 085

iroite-ons 089

iroite-ons 104

iroite-ons 110

iroite-ons 119

iroite-ons 135

iroite-ons 136

iroite-ons 143

iroite-ons 157

ons 1

ons 2

ons (1 de 1)

Santa Mariña (12)

Santa Mariña (8)

Santa Mariña (6)

Santa Mariña de Cambados