Feeds:
Entradas
Comentarios

Archive for the ‘Mazaricos’ Category

Na parroquia de Arcos, no concello de Mazaricos, celébrase un entroido moi peculiar. De feito, nin sequera se celebra todos os anos, senón cada certo tempo, para non perder a tradición nin chegar a aburrir. Non obstante, é un dos máis pintorescos de Galicia.

entroido_arcos

entroido_arcos (2)

Estas fotos están sacadas no entroido de 2012, e levaba sen celebrarse o evento dende o 2006, así que é algo pouco común e un verdadeiro privilexio ter asistido, onde participa un montón de xente. De feito, desprázanse dun lado a outro en autobús.

entroido_arcos (3)

Como recollía La Voz de Galicia, “o entroido de Arcos ten a particularidade de que está formado por tres grupos de personaxes: o Exército dos Panos, o Coro dos Vellos e o Coro dos Cegos”.

entroido_arcos (4)

entroido_arcos (5)

entroido_arcos (6)

entroido_arcos (7)

entroido_arcos (8)

entroido_arcos (9)

entroido_arcos (10)

O exército, como ben vedes, é o grupo máis numeroso, e tamén o único que desfila amosando a súa cara. O xornal coruñés explicaba que “os integrantes levaban os ombreiros e os antebrazos cubertos por panos, e a cabeza, por un vistoso sombreiro adornado con prumas e pequenas xoias”.

entroido_arcos (11)

entroido_arcos (12)

Presidindo o exército, vai un abandeirado que anuncia en cada aldea que chega toda a comparsa. Despois vai o xeneral, a Garda Civil e o resto do exército. O que fan é ir casa por casa e pedir algo, ao tempo que desfilan e realizan o seu ritual-baile.

entroido_arcos (13)

Despois están os vellos, que son os que van coa cara tapada e son a parte máis cómica, xa que cantan, bailan e se meten coa xente (dou boa fe, porque mesmo pararon un coche pola estrada, lle abriron as portas e o maleteiro, para sorpresa dos ocupantes).

Os cegos son os que cantan as coplas, cantar o acontecido durante o ano e tamén pedir esmola.

entroido_arcos (14)

entroido_arcos (15)

Outra parte do grupo o que fai é representar profesionais, como agricultor, médico, fotógrafo, veterianario…

entroido_arcos (16)

entroido_arcos (17)

entroido_arcos (18)

entroido_arcos (19)

entroido_arcos (20)

entroido_arcos (21)

entroido_arcos (22)

entroido_arcos (23)

Anuncios

Read Full Post »