Feeds:
Entradas
Comentarios

Archive for the ‘Lousame’ Category

As minas de San Finx están situadas no concello de Lousame (no suroeste da provincia da Coruña) que conta cun rico patrimonio histórico-artístico e que supón unha boa mostra da típica paisaxe rural galega.

Las minas de San Finx se encuentran situadas en el ayuntamiento de Lousame (en el suroeste de la provincia de la Coruña), que cuenta con un rico patrimonio histórico-artístico e que supone una buena muestra del típico paisaje gallego.

Minas de San FinxMinas de San Finx

Este xacemento mineiro  está presente na historia da minería dende a Idade do Bronce, pero será a finales do século XIX cando adquira maior relevancia, ao ser a primeira explotación de volframio de España e unha das primeiras de Europa. Deixa de estar operativa en 1990.

Este yacimiento minero está presente en la historia de la minería desde la Edad de Bronce, pero será a finales del siglo XIX cando adquiera su mayor relevancia, al ser la primera explotación de volframio de España y una de la primeras de Europa. Deja de estar operativa en 1990.

Minas de San FinxMinas de San Finx

Foi declarada Punto de Interese Xeolóxico polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España e a súa contorna representa un espazo natural de gran beleza e interese biolóxico. Actualmente están sendo restauradas, o que supón unha oportunidade de  visitalas e poder descubrir a historia dun pobo vencellado á minería.

Fue declarada Punto de Interés Geológico por el Instituto Geológico y Minero de España y su entorno representa un espacio natural de gran belleza e interés biológico. Actualmente están siento restauradas, lo que supone una oportunidad de visitarlas y poder descubrir la historia de un pueblo vinculado a la minería.

Minas de San FinxMinas de San FinxMinas de San FinxMinas de San Finx

Minas de San Finx

Aproveito para agradecerlle á concelleira de Cultura de Lousame que nos fixese esta visita guiada, nos explicase a historia das Minas de San Finx e nos abrise as portas do lugar.

Aprovecho para agradecerle a la concejal de Cultura de Lousame que nos hiciese esta visita guiada, nos explicase la historia de las Minas de San Finx y nos abriese las portas del lugar.

Anuncios

Read Full Post »