Feeds:
Entradas
Comentarios

Archive for the ‘Sober’ Category

Escultura por iniciativa da Asociación Cultura Castellum-Via Luci de Doade dedicada ó oficio de Carreteiro en Soutochao, Doade (concello de Sober).

Read Full Post »

A Pena do Castelo apunta orgullosa cara ao ceo e convida ao camiñante a descubrir a grandiosidade dun espléndido horizonte de cumes que a natureza esculpiu.

Nesta pena, que tamén é un marabilloso mirador ás Canóns do Sil, podemos ver as pegadas dos habitantes dos castros mesturadas cos dos devotos que acudían á ermida de San Mauro, desaparecida a mediados do século XIX. Non obstante, podemos atopar alí unha reconstrución feita no 2004.

E velaquí podedes ver a pena dende abaixo, coa ermida oculta á vista:

Read Full Post »

En Sober podemos atopar o Santuario de Cadeiras, que se atopa próximo a un mirador á Ribeira Sacra que recibe o seu mesmo nome. O 7, 8 e 9 de setembro alí celébrase unha romaría en honra á Virxe dos Remedios.

Nesta última foto, tomada dende As Torgás, tamén coñecido como os Balcóns de Madrid, podedes ver no alto da imaxe o santuario. Vese moi pequeno, pero así tamén advertides a grandeza dos Canóns do Sil.

Read Full Post »

A miña moza e máis eu aproveitamos un día no que os dous tiñamos libre para facer unha escapada que estaba pendente dende había varios anos: ir ata a Ribeira Sacra. Así que reservamos unha noite na Reitoral de Anllo, da cal xa tiñamos moi boas referencias, posto que no seu día a miña irmá e máis regalámoslle aos nosos pais unha estancia no lugar e quedaran encantados.

Así que neste post vou contar a miña experiencia propia. O primeiro que teño que destacar é a atención e o ben que nos trataron. Atendeunos Lalo, que nos dixo que era o pai da propietaria. Nada máis entrar amosounos a nosa habitación dobre:

Faltaría unha foto do baño (que por certo, tiña unha bañera enorme), pero ben vedes que os cuartos son amplios e moi ben arranxados. Polo que nos comentou Lalo a reitoral comezaron a reformalo no ano 2000 e a reforma durou dous anos. O resultado non pode ser mellor. E para mostra o salón, onde se pode apreciar o sistema de construción no tellado, denominado “en tixeiras”. As vigas que se ven son as orixinais, de castiñeiro:

O resto da casa tamén está decorado con moi bo gusto, dándolle un toque de modernidade pero sen desentoar para nada coa construción:

Todos os cuartos están moi ben iluminados e a contorna é preciosa (iso si, para ir ata a Ribeira Sacra é preciso botar man do coche), aínda que o día nos colleu con moita néboa:

A Reitoral de Anllo garda moitos secretos, pero se cadra un dos máis chamativos é a pequena capela interior, un cuarto no que mesmo se conservan as casullas dos curas do lugar dende hai 200 anos:

En canto a prezos, a verdade é que non está mal para o lugar. Podedes ver as tarifas na súa web e que inclúen xa o IVE. O noso cuarto custou 47,52 euros, así que en total pagamos 58,32 euros por unha noite e o almorzo que, certamente, estaba riquísimo.

Que había para almorzar? Pois ademais do típico leite e café (que nos ofreceron, pero que non tomamos), puxéronnos unhas torradas naturais (o pan estaba moi bo) para a confitura de pexego. Había tamén unha mesa cunha cesta enorme de froita, cereais, auga, zume de laranxa natural, un queixo, marmelo (membrillo en castelán) e dous biscoitos caseiros que estaban de morte, galletas, sobaos… Vamos, que era para fartar e comer con calma desfrutando de cousas caseiras e boas. Iso si, barato non era o almorzo porque foron 5,4 euros por cabeza, aínda que vistas outras casas de turismo rural a cousa está ben de prezo (aínda que eu preferería pagar algo menos e non ter un buffet).

Vamos, un sitio totalmente recomendable tanto polo lugar, como pola xente que o leva (Lalo tamén nos deu un par de mapas do lugar e indicounos que lugares non debíamos de deixar de visitar) e o almorzo tan estupendo que preparan (o certo é que nos quedamos con ganas de traer o que quedaba do biscoito, jeje).

Read Full Post »

A paisaxe da Ribeira Sacra é impresionante, sobre todo no outono. No verán pode pasearse polo río en catamarán e en setembro pode irse durante a colleita de uvas, onde teñen denominación propia.

El paisaje de la Ribeira Sacra es impresionante, sobre todo en el otoño. En el verano puede pasearse por el río en catamarán y en septiembre se puede ir durante la cosecha de las uvas, donde tienen denominación propia.

Read Full Post »